O Leyma Coruña inicia a primeira volta con derrota ante Carramimbre CBC Valladolid (75-65)

O Leyma Corulña deixou escapar o partido ante Carramimbre CBC Valladolid (75-65). Un choque que tivo dominado en moitas fases do mesmo. Os laranxas víronse minguados por un problema de menisco de Quinton Stephens, que non viaxou, e a enfermidade de Pablo Ferreiro

Os coruñeses comezaron moi ben o cuarto, podendo correr, estando abertos e xerando canastras desde o poste baixo. O Leyma controlaba o ritmo do xogo e defendía ben e controlaba o rebote defensivo conseguindo a primeira vantaxe no marcador (12-22).

A partir do inicio do segundo cuarto os locais aumentaban o nivel defensivo e o rebote de ataque, o equipo daba un paso atrás e precipitábase en ataque, conseguindo que os valisoletanos se enganchasen ao partido. Os laranxas chegaban a estar 14 puntos arriba, pero non conseguían romper o partido e o Carramimbre sumaba un parcial que lle facía irse ao descanso asexando ao Leyma Coruña 28-33.

A saída do descanso, os coruñeses seguían atascados en ataque e os herculinos non eran capaces de igualar ese xogo duro e intenso. Cando o Carramimbre púñase por diante no marcador, aínda que con pequenas vantaxes, o Leyma só conseguía manterse no duelo a base do rebote defensivo, sobre todo. Contraataques e triplos reenganchaban ao equipo ao encontro de novo chegando ao acto definitivo tan só dous abaixo (54-52).

O Leyma afrontaba o acto definitivo cos seus interiores cargados con catro faltas e sen opción de rotar por dentro. Os locais estaban mellor en situacións de contraataque. O último minuto a diferenza final levaba a que os coruñeses tentasen correr e tomar tiros precipitados porque as opcións de remontar pasaban por xogar rápido e tratar de manter basketaverage, que era máis cinco para os herculinos. Uns ataques rápidos tratando de ter algunha opción final que provocaban canastras fáciles no outro lado, cun marcador final máis avultado do que se viu durante o choque (75-65).

O Leyma Coruña afrontará o seu próximo partido ante o Real Betis Enerxía Plus este martes día 22 ás 20.45 horas en #OFornodeRiazor.