O equipo EBA perde con Chantada en Copa Galicia(49-61)

O partido tivo lugar o domingo ás 12 horas na Polideportiva de Riazor 2; alí o equipo de Javi Rodríguez non puido derrotar a un rival moito máis experimentado e caeu derrotado na segunda xornada da Copa Galicia para equipos EBA.
De todos os xeitos, o partido serviu para que ir collendo sensacións a uns xogadores que estrean categoría, xa que esta tempada moitos deles debutarán nesta liga.
O próximo partido será o próximo 1 de outubro fronte a Betanzos.