Down Coruña, protagonista de '17 partidos, 17 causas' da Obra Social a Caixa

Down Coruña será a homenaxeada de '17 partidos, 17 causas' da Obra Social a Caixa, unha entidade que cumpriu o ano pasado a súa maioría de idade, e que segue traballando para lograr os seus obxectivos de normalización e inclusión das persoas con discapacidade intelectual. As persoas que forman esta entidade ensínannos a diario coas súas conquistas persoais que todos temos potenciais que poden beneficiar á sociedade.

Basquet Coruña súmase á celebración do Día Mundial da Síndrome de Down neste mes de Marzo e por iso colaboramos coa Asociación Síndrome de Down Coruña na campaña #LaSuerteDeTenerte, que nos mostra a sorte que supón ter entre nós a persoas con síndrome de Down e trasladar á sociedade unha mensaxe positiva para loitar contra os estereotipos e prexuízos que hoxe en día seguen asociados á Síndrome de Down.

O vídeo ?A Sorte de Terche? é unha homenaxe ao que representan as persoas con síndrome de Down para todos os que lles rodean.

target="_blank">?A SORTE DE TERCHE?

Úneche a nós e axúdanos a lograr unha sociedade máis inclusiva para as persoas con síndrome de Down!

Desde o Básquet Coruña queremos agredecer a Down Coruña o labor que desenvolve e todo o que brindan á sociedade, e poderemos presenciar o venres no descanso unha actuación que mostrará o que son capaces de facer as persoas con síndrome de Down.