Down Coruña, homenaxeada desta semana

O Club Básquet Coruña homenaxeará esta semana a DOWN CORUÑA na causa social de ?17 partidos, 17 causas? en colaboración coa Obra Social da Caixa.

Down Coruña é unha entidade que traballa a favor da autonomía persoal e a independencia das persoas con Síndrome de Down desde hai máis de 20 anos.

Unha mostra dos proxectos que realiza, nos que participan máis dun centenar de socios da entidade, aparece reflectida na curtametraxe ?SEN As miñas MANS?, premiado na III Edición Concurso Nacional de Curtos Sen barreiras da Universidade Camilo José Cela de Madrid e pola Fundación Once.

A curtametraxe é unha alegoría perfecta sobre a sobreprotección, que axudou a cambiar a forma na que as persoas con Síndrome de Down ven a si mesmas, aumentando, desta forma, a súa autoestima e favorecendo que teñan un rol activo dentro da sociedade.

É, en definitiva, un chamamento á empatía e un fiel reflexo do traballo pola autonomía que Down Coruña vén realizando ao longo destes anos.

Pódese ver o curto na seguinte ligazón: