Dowm Coruña, protagonista de '17 partidos, 17 causas' da Obra Social A Caixa no duelo ante os Cafés Candeas Breogán

O programa solidario do Básquet Coruña '17 partidos, 17 causas' da Obra Social da Caixa dedicará o seu partido deste venres ás 21.00 horas ante os Cafés Candeas Breogán á Asociación Down Coruña.

Esta cumpre este ano os 18 anos de idade. Unha maioría de idade que lles enche de enerxía e motivación para seguir perseguindo os seus obxectivos de normalización e inclusión das persoas con discapacidade intelectual. As persoas que conforman esta entidade ensínannos a diario coas súas conquistas persoais que todas as persoas temos potenciais que poden beneficiar á sociedade.

A asociación convídanos este ano a través do curto 'A mirada' a normalizar a vida das persoas con discapacidade intelectual e a necesidade dun cambio na mirada para normalizar aínda máis as súas historias da vida.

Down Coruña quere agradecer a todos os axentes sociais que ofrecen oportunidades de traballo e desenvolvemento persoal ás persoas con diversidade funcional e axudan, desta maneira, a crear unha sociedade na que todos somos valorados e sumamos.

Desde o Básquet Coruña queremos agradecer a Down Coruña o labor que desenvolve e desexámoslle uns felices aniversarios.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.