Derrota do Leyma Coruña ante un moi acertado Chocolates Trapa Palencia (96-105)

O Leyma Coruña caeu derrotado ante Chocolates Trapa Palencia nun encontro marcado pola alta porcentaxe de anotación dos palentinos, con 70 % en tiros de dous e 53 % en triplos.

Os coruñeses saíron ben, apoiados no inicio por Bulic e Quinton, pero xa no primeiro cuarto os de Alejandro Martínez mostraban a súa gran pericia anotadora, que lles ía a acompañar durante todo o encontro (19-30).

Os laranxas, aínda así non se deixaban amedrentar e con Ogbueze, Sabin e Piñeiro conseguían recortar diferenzas. O catalán anotaba de tres e obrigaba ao técnico rival a pedir tempo morto (40-45). Eran minutos nos que destacaban xogadores como Cvetinovic evitaban que se recortase a diferenza no marcador. Cunha canastra de tiro libre de Jorge Sanz, ex do Leyma Coruña, chegábanse ao descanso (48-53).

Chegaban a porse a dous o Leyma tras o paso por vestiarios, tras triplo de Ogbueze (51-53) e seguían tentándoo os coruñeses, con bos minutos de Araujo e de Quinton Stephens, pero o oficio de Palencia e o acerto de face o aro complicaban a remontada ao final do terceiro cuarto (70-85).

No acto definitivo unha das batallas librábase na pintura, onde Uchendu gañáballe momentaneamente a partida a Urko Otegui anotando seis puntos seguidos, sumandos a unha canastra de dúas de Bulic, que apertaban de novo o marcador (89-94). Todo se complicaba definitivamente nuns minutos de roubos e contraataques rápidos de Palencia que terminaban coas opcións de vitoria (95-109).

O Leyma Coruña volverá #OFornodeRiazor o vindeiro venres 23 ás 20.45 para recibir a Club Baloncesto Melilla.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.