O vindeiro luns estará no Campus Mileniun, un campus no que participou como xogador durante as 9 primeiras edicións e ao que agora volve como xogador profesional e convidado.
Darío pasará a mañá do luns con todos os participantes desta edición adestrando ao baloncesto e compartindo unha chea de experiencias durante todos os anos que leva neste deporte.