Crónica Senior Masculino 1ª Div: Nova vitoria

Novo triunfo, o oitavo, do noso equipo filial de 1ª no partido que este pasado domingo enfrontoulle na Polideportiva de Riazor ao CB Cambre por 73-56. O encontro resultou igualado aínda que os nosos recolleron os froitos do seu bo traballo defensivo no tramo final da primeira parte o que lles permitiu marcharse a vestiarios cunha vantaxe de 11 puntos, ao imporse por 42-31.

O equilibrio presidiu o terceiro cuarto e xa no inicio do último período os visitantes achegáronse a dous puntos. Aí, volveu marcar o ritmo do partido a defensa local o que unido a canastras en movemento, froito do traballo defensivo, fixo que a diferenza volvese ser clara e desembocar no 73-56 final tras un último parcial de 17-10.

Con esta vitoria, ocupamos en solitario a segunda praza da clasificación con oito vitorias. Faltan dúas xornadas, unha vitoria nas mesmas certificaría o pase matemático dos nosos ao grupo que pelexará polo ascenso á liga EBA.

O próximo partido será o sábado 11 ás 18 horas a domicilio fronte ao CB Sarria para finalizar a primeira fase en casa o domingo 19 ás 17 horas recibindo ao BBCA ferrolán.

Xogaron: Pablo Pizarro 2, Pedro Russel 2, Asier 17, Rubén Rey 24 e Jorge 8-equipo inicial-Óscar, Alberto 2, Diego Justo 5, Martín Bello 13 e Mateo.

Parciais: 16-16, 26-15, 14-15 e 17-10.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.