Crónica senior masc 1ª Div: Partido de máxima igualdade e intensidade

Partido de máxima intensidade, igualdade e emoción o que disputou o pasado sábado o noso novo equipo na segunda fase polo ascenso á liga EBA. Tras un primeiro tempo no que os locais facendo bo o seu rendemento habitual no seu campo, onde contan os partidos por vitorias marchábanse ao descanso cunha vantaxe de oito puntos, a segunda metade trouxo a mellor versión dos coruñeses que non só chegaban a igualar o marcador, dándolle a volta e colocándose con catro puntos de vantaxe a falta de 2 minutos para o final do xogo. Aí, o desacerto nos tiros libres o que foi unha rémora durante todo o encontro para os nosos, xa que de ter un tanto por cento de acerto normal leváronse a vitoria conduciu o partido á prórroga tras unha última posesión na que, co definitivo empate a 60, os visitantes xogaron ata o límite para poder gañar.
A saída do tempo extra, cun parcial de 5-0, puxo por diante aos porriñeses quen xa controlaron o marcador con curtas pero suficientes vantaxes que desembocaron no 77-70 final.

Un excelente partido e un paso máis na aprendizaxe competitiva do filial. Agora toca volver a Riazor onde este próximo domingo ás 5 da tarde recíbese nun choque, como todos os de casa, moi importante para as nosas ilusións de chegar á pelexa definitiva polo ascenso de categoría ao Bosco Salesianos de Ourense coa ex-ACB Sony Vázquez e Rubén Fernández Vila. É momento de acudir á polideportiva para apoiar ao equipo como premio á excelente tempada que se está realizando. Alí esperámosvos.


Pedro, Pablo pizarro 9, Asier 10, Rubén 27 e Jorge-equipo inicial- Óscar, Martín Belo 8, Mateo 12, Alberto, Diego e Iago 4.
Parciais: 18-15, 13-8, 11-17, 18-20, 17-10

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.