Crónica Preminibasket Feminino: Nova vitoria do Báquet Coruña Leyma 07

Partido disputado na tarde do domingo na Sagrada Familia no cal nosas nenas venceron á Santa María del Mar por un resultado de 58 -16.

Partido dominado de principio a fin polas nosas xogadoras, que aos poucos se van adoitando xogar partidos e a dar mostras do aprendido nos adestramentos.

Destacar a actuación de todas as xogadoras, en especial das de máis novas, que a pesar de ser máis pequenas tanto en físico como en anos, dan a cara en cada partido e coas súas ganas, ilusión e esforzo fan que non se note esa diferenza de idade.

Tamén destacar unha vez máis que as xogadoras non convocadas estaban a animar ás súas compañeiras, formando así un gran equipo entre todas.

Moitas felicidades mozas e a seguir gozando do baloncesto!

Leyma Coruña 07 58: Clara, Celia, Irene Dez, Sabela, Irene Pan, Chloe, Mariña, Idoia, Marta.

Santa María del Mar: 16

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.