Crónica Preminibasket Feminino Leyma 07: gran vitoria do equipo.

Partido disputado na tarde do sábado no Agra II contra o equipo das Escravas, no cal as nosas conseguiron unha cómoda vitoria por 61-11.

O partido comezou cun marcador de 22-0 no primeiro cuarto que deixaba claro a diferenza que había entre ambos os equipos. Destacar a importancia das máis maiores do equipo, que sempre marcan unha dinámica de esforzo e ganas de mellorar tanto nos partidos como en os adestramentos, a cal serve de exemplo ás máis pequenas.

Parabén a todas as nenas por esta primeira fase do campionato e moita sorte para a seguinte fase. A seguir gozando do BALONCESTO!

Leyma 07 61: Sabela (baixa por lesión), Carla, Irene Pan, Irene García, Irene Díez, Idoia, Carolina, Celia, Clara, Chloe.

Escravas : 11

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.