Crónica Preminibasket Feminino: Bo partido do Leyma 07 ante Culleredo

Partido correspondente á segunda fase do grupo A , disputado o domingo pola tarde en Culleredo onde o Básquet Coruña Leyma07 impúxose por 33-45 a Culleredo.

Partido moi igualado entre 2 equipos que tentaban plasmar no campo o aprendido nos adestramentos, a pesar da súa curta idade os dous conxuntos lograban accións de mérito .

Felicitar ás xogadoras dos dous clubs pola súa entrega e loita durante todo o encontro, e animalas para que sigan gozando co Baloncesto.

Culleredo 33

Básquet Coruña Leyma 07 45: Chloe, Celia, Carolina, Irene García , Carla, Mariña, Marta , Irene Pan , Abril, Idoia.