Crónica Preminibasket Fem.: O Leyma 07 pon fin á tempada entre os mellores equipos galegos

Presentábase o Leyma 07 a xogar os cuartos de final da liga galega con toda a ilusión e as ganas de demostrar todo o aprendido durante máis de 8 meses de esixentes adestramentos, en o cal, un grupo formado por 15 nenas de diferentes idades (2007-2008- 2009) conseguiran  o campionato coruñés e quedar primeiras de grupo na primeira fase da liga galega, pero o máis importante, é que conseguiran ser un EQUIPO con maiúsculas.

A primeira decepción chego no quecemento, cando nos comunican que as xogadoras que non van poder xogar por ser un equipo de 15, non poden estar no banco animando ás súas compañeiras. Tentámonos repor deste contratempo, e saímos a xogar para dedicarlles o partido ás compañeiras que nos animan desde a bancada. Empezamos o partido conseguindo unha boa renda no marcador e realizando un moi bo xogo. No terceiro sexto sufrimos a maior impotencia para un deportista, a lesión. Neste caso sufriuna CARLA, A nosa CAPITÁ, tamén o poño con maiúsculas xa que exerceu como tal durante todo o ano, foi  a xogadora que máis adestramentos realizou, e foi un exemplo para o resto de compañeiras, tanto polo seu xogo como pola súa conduta a pesar da súa curta idade. A can fraco todo son pulgas, e a partir deste cuarto máis lesións, expulsións por faltas, pero a ilusión e as ganas de xogar a baloncesto deste EQUIPO non ten fin, e a pesar de todos os contratempos deron a cara ata o final, ante un equipo, o Sigaltec, que soubo aproveitar a súa superioridade física.

Felicitar a todas as nenas pola súa magnificada tempada, polo seu esforzo e o seu amor ao Baloncesto e por conseguir o máis importante ser un EQUIPO.

 

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.