Crónica Infantil Feminino 1ª División: "Play again, Sam"

"Se non sobes a ese avión, arrepentirasche. Quizais hoxe non, quizais mañá tampouco, pero pronto e para o resto da túa vida."

(Película "Casabranca")

Vaia espertar. 8 da mañá e ao autobús. Onte á noite houbo LEB e non hai quen despegue as pestanas, pero non o cambiamos por nada. Creo que aínda nos dura a emoción. Santiago recíbenos coa súa clásica mañá de "espérame tres horas e verás que sol", pero por agora só néboas. A pista de Pío XII ten a virtude de exacerbar ao máis pintado co fresquito da mañá, así que tras un bo quecemento encerrámonos nos nosos básicos. Vexamos, correr, defensa, buscarnos permanentemente.

Pío sae abrasando, que con "s" doe bastante. Cóbados afiados, algo máis que un "body" en cada defensa e unha cabeza de vantaxe en cada posto. Sumar unha boa presión a todo campo e sácannos as cores no primeiro cuarto (21-4) E ti a quen defendes? A concentración se nubla como a vista, cando ves un dous contra un en cada posesión só pensas: non me deixes soa... Segue a seca anotadora, 7 puntos no segundo cuarto e a encaixar outros 20.

É difícil remar cando a diferenza ao descanso xa é de 30 puntos. Entón debes tomar a decisión. Queremos xogar a isto ou non? Vai ser que si, subímonos ao avión! Volta a sufrir pero con maior convicción, e sobre todo máis orde. O rival non afrouxa e por fin levantamos a cabeza. Fagamos o que sabemos facer. A intres conseguimos tutear a un equipazo (17-7 no terceiro), pero no último cuarto os golpes e algunha que outra torcedura fannos ceder de novo no marcador. Apágase a luz pero non baixamos os brazos ata o último segundo. Por fin vemos cal é o noso lugar na competición, que non significa que sexa o noso lugar na pista, e a pesar da desazón coa que nos imos decidimos que si, que queremos facernos maiores xogando a isto.

PÍO XII (21+20+17+10) 68: García, León, Penedo, Gómez, Villamartín, Mena, Míguez, Ramos, López e García 

Adestradores: Souto e Carreira.

BÁSQUET CORUÑA (4+7+7+0) 18: Laura Ibánez, Sara Lara, Adela Villar, Nuria Catoira, Candea Rodríguez, Martina Gutiérrez, Mayte Villca, Sara Fernández, Gabriela Biscaíño, Marta Maior, Carolina Varela e Noelia Martínez. Animou ao equipo Inés, xa falta menos!

Adestradoras: Edda Beltrán, Olalla Luaces, Laura Pozo.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.