Crónica Infantil Feminino 1ª División: "O segredo da felicidade"

"A felicidade fai que a vida saiba ben"

(J.A. Sáiz Aranguren. Integrante do proxecto "Filosofía Para Nenos")

Foi destes días en que che preguntas para que che levantaches. Chegas ao pavillón e ninguén sabe onde ten a cabeza, nin ti mesma. O quecemento inconexo e cada unha pensando na súa película, como calquera adolescente un domingo pola mañá. O caso é que aínda somos infantís e non nos toca.

Empeza o partido e somos alevíns, quizais benjamines xogando a un ritmo galopante pero sen criterio. Anotamos pero anótannos aínda máis (11-17). Acompañamos ás nosas rivais ata debaixo do aro, cunha bondade digna dun sparring dos Globertrotters.

Empeza o segundo cuarto e cambiamos o chip. Dúas semanas de paciencia deberían bastar para que se vexa algunha novidade na pista. E xa se ve a punta do iceberg, saltamos con algo máis de confianza (14-11). Ímonos ao descanso debendo 3 puntos e aínda unha chea de axudas.

O terceiro cuarto é unha condena, anotar suponnos un mundo e encaixamos con demasiada facilidade. O (10-14) con que o maquillamos non reflicte os 15 puntos que tiñamos no debe a metade de cuarto, e fainos pensar que a meta está máis lonxe do que criamos.

Empeza o último cuarto, ou iso criamos. O partido vai a tiróns e afástanse outra vez; o fantasma dos 10 puntos asómase a cada intre. Por fin o tirón final. O banco resucita e o equipo entra en transo a falta de 3 minutos. Enxugamos todos os puntos e pómonos un arriba. Como gozamos cando o balón recupérase polo traballo de todas. Tres arriba. Recórtannos de novo. Que nervios, empate no último minuto. Ninguén o desfai e isto acábase?ai, non! Unha falta a favor que nos dá 2 tiros libres co tempo acabado?por suposto fallamos os 2, que chegados a este punto non queremos que se acabe.

A prórroga foi un vendaval local, cun 7-0 nos primeiros 3 minutos ante un rival moi canso, e con dous minutos finais onde xa cabeceabamos pensando na sesta.

Agora seino, o segredo da felicidade é ter dous tiros que nos daban o partido e fallalos, e que alguén me abrace e dígame: "cando sexa maior, ... imos seguir xogando xuntas, non?".

BÁSQUET CORUÑA (11+14+10+15+7) 57: Laura Ibáñez, Inés Ferreiro, Sara Lara, Adela Villar, Nuria Catoira, Candea Rodríguez, Sara Añón, Martina Gutiérrez, Carolina Varela, Mayte Villca, Sara Fernández e Gabriela Biscaíño. Animou ao equipo Sofía Cernadas, xa falta menos!

Adestradoras: Edda Beltrán, Olalla Luaces e Laura Pozo.

GRUPO A JUNQUERA CLB (17+11+14+8+0) 50: Deus, Axude, Farpón, Aguiar, C. Fajardo, Potel, Devesa, Serqueira, Renda e Diz.

Adestradores: Castro e Jiménez.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.