Crónica Infantil Feminino 02: Na metade do camiño

"A EXCEPCIÓN"

"Existe un só lugar onde o norte e o sur do mundo enfróntanse en igualdade de
condicións: é unha cancha de fútbol de Brasil, na desembocadura do río Amazonas.
A liña do ecuador corta pola metade o estadio Zerâo, en Amapá, de modo que cada equipo xoga un tempo no sur e outro no norte".

("A escola do mundo ao revés". Eduardo Galeano)

Aí vén a Copa, cos seus partidos de ida e volta. Nin Shakespeare nin Cervantes. O gran Eduardo sabía que os equipos que non se coñecen tentéanse con coidado, non sexa que rompan os pratos antes de tempo e alguén quede sen opcións na volta. Mentira. Nós pomos o mellor cebo e cruzamos os dedos, que pique o peixe e que sexa gordo.

Presentóusenos diante un equipo heteroxéneo, con algunhas xogadoras bastante grandes e un ritmo inicial lento que nos enganou totalmente. Se o primeiro cuarto era noso por un claro 14-2 e gustábanos o vento na cara, a confianza levábanos ao trompazo do segundo, que perdemos por 11-14. Ben empregado. 

Por fin o descanso. Lembrar, do latín re-cordis: ?volver pasar polo corazón?. Retomar a defensa e a disciplina de equipo. As defensas de verdade, os roubos en campo contrario, a falta na axuda e o caderazo que me comín porque cheguei tarde, pero cheguei! 10-7 no terceiro parcial e xa somos nós outra vez. O 7-0 do último, aínda que romo en ataque, impecable en defensa.

Ao que non estivese alí nin se lle pasa pola cabeza o que pasou en realidade: cando estas tunantes traman algo se lles nota, acéndeselles a cara e xogan contentas. Grazas de verdade, volvereino a pasar polo corazón cando volva o inverno.

Básquet Coruña Leyma 02 42 (14+11+10+7): Adela Villar, Sara Lara, Lucía Méndez, Sofía Cernadas, Iria Candal, Sara Añón, Esther Veiga, Mayte Villca, Sara Fernández, Celia Noguerol, e os alevíns Branca Fernández e Martina Gutiérrez. 

Adestradores: Edda Beltrán, Olalla Luaces, Laura Pozo.

Star Center Spartans 23 (2+14+7+0): López, A., Sabio, A., Blas, M., Blas, B., Branco, M., Garnelo, A., Bellón, M., Díaz, L., López, N., Vigo, L.

Adestrador: Castro, M. A.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.