Crónica Copa Alevín Basquet Coruña 05: Tristemente, último partido da tempada.

Aínda que o resultado di outra cousa, o partido foi moi disputado, cun tenteo ata o 5º sexto moi axustado.

Durante o desenvolvemento do encontro, os laranxas puxeron toda a carne no asador, saíndo con certa facilidade da presión exposta polo equipo de Oleiros, mediante boa ocupación de espazos, alto ritmo, bos pases e acerto de face ao aro rival. No aspecto defensivo, o obxectivo era que cada un se responsabilizase do seu par, conseguindo que o 1x1 non fose tal e forzar ao rival a ter que dar un pase máis. Por último, outra das metas a conseguir era a concentración durante os 8 minutos que duraba cada sexto.

Nos últimos sextos, os laranxas non foron fieis lle ao que fixeran ata ese momento e, o equipo de Montrove conseguiu ir aumentando as diferenzas ata o resultado final, con canastras fáciles en contraataque e 1x1. Ataques individualistas con malas eleccións de tiro e pase. O balón deixou de ser o noso amigo.

Destacar a evolución dos xogadores e do equipo, tendo claro que este é un deporte onde todos e cada un dos integrantes son importantes e en que, ademais de pasalo ben, hai dúas cousas claras que hai que esixir e cumprir, INTERESE E COMPROMISO.

Felicidades pola tempada mozos!!!


Montrove 2006: 74

B. Coruña 05: 46

Xogaron: Anxo Martínez, Tomás Alonso, Iago Formoso, Erik Galán, Manrique Pinilla, Nahuel Devesa, Jorge Ferreiros, Alex Bernabé, Izan Orons

(13-9, 9-9, 12-13,20-11, 8-2,12-2)

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.