Crónica Básquet Coruña Ou12

Este pasado domingo estreouse o noso equipo de primeira división alevín masculino.

O conxunto laranxa recibía na Polideportiva de Riazor ao Jesutinas. Os colexiais arrincaron o encontro máis entoados que os locais, que plasmaban na pista os nervios propios do inicio de tempada. A parcial inicial en favor dos visitantes foise diluíndo ao longo do segundo e terceiro período para chegar ao descanso cun axustado 21 - 22. Manteríase a igualdade no marcador ata o último período onde un parcial de 8-0 do Básquet Coruña puña aos nosos con sete puntos de vantaxe, un tiro libre e unha canastra do Jesuíticas no último minuto do encontro reduciría a vantaxe a catro puntos, diferenza coa que se pecharía o encontro.

BC Ou12 - Jesuitinas: 40 - 36 (2-8/11-8/9-6/11-8/2-0/8-3)

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.