Crónica Basquet Coruña 08: Pequenos xigantes

"Xogar ao noso baloncesto, e a partir de aí comezaremos a mirar o marcador, non antes", era algo que nos viñamos repetindo desde que comezou a nosa andaina por Cópaa Primavera, alá por dezaseisavos de final, e vaia se o fixemos.

Eramos ese mesmo grupo que a principios de tempada custábanos pasar o balón, e que nesta copa houbo momentos nos que ninguén tiraba porque había un compañeiro que tiña unha mellor opción de tiro.

Eramos ese mesmo grupo que a principio de tempada quedabamos quietos esperando a que nos pasarán o balón, e que en esta copa tivemos momentos no que ninguén estaba quieto, tendo ou non o balón.

Eramos ese mesmo grupo que a principio de tempada botabámonos as culpas de por que acababan de anotarnos unha canastra, e que nesta copa chegou a reinar por momentos a solidariedade defensiva.

Eramos ese mesmo grupo que a principio de tempada era un grupo de nenos que xogaban xuntos, pero que agora eramos un equipo.

Custaba non ilusionarse despois de enfrontarnos a dous equipos a priori superiores a nós, xa sexa por resultados ao longo da tempada, ou por vernos superados completamente a nivel físico, e sacar vitorias cimentadas principalmente en o noso baloncesto, no da xenerosidade e a solidariedade, no de usar a cabeza, e no da paciencia e as decisións simples.

Por suposto que sempre, en tramos de partidos, perdiamos o noso baloncesto, e volviamos esquecernos un pouquiño diso, pero non son cousas que se aprenden de a noite á mañá.

E todo isto que nos queda por aprender e desenvolver, encargáronse de facernos lembralas en cuartos de final, algo que debemos agradecer.

Pero esta eliminación déixanos un bo sabor de boca, a sensación de cumprir  moitas metas, de evolucionar esta tempada todos xuntos, de cargar as ganas de seguir traballando e de, por suposto, ver como mesmo en este partido, no que nos vimos superados, saímos cun sorriso e gozando de este deporte tan especial.

Foi un bonito broche a esta tempada repleta de altibaixos, de partidos moi bos, partidos moi malos, de semanas de adestramento pletóricas, e outras que non tanto. Foi unha gran forma de acabar e de demostrarnos a nós mesmos, que aínda podemos dar moito máis, como xogadores e como equipo, e aínda máis importante, como persoas.

Agradecer a todos os pais por estar aí sempre, nos adestramentos, en os partidos, sobre todo neses partidos complicados nos que o desánimo nos gañaba. E de gozar connosco, daqueles onde a alegría era unha constante.

E só queda aplaudir a cada integrante do equipo e agradecer o esforzo e as risas nos adestramentos e partidos, en especial, neses momentos que tanto necesitabamos unha gargallada xeral.

Espero que esta tempada fixese a cada un deles querer xogar aínda máis ao baloncesto, e que a gozaron tanto como eu.

Os pequenos xigantes: Manu, David, Mateo, Diego, Sandro, Nico, Lucas, Javi, Hadri, Anxo, Jose.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.