Crónica Básquet Coruña 06 alevín masculino: Difícil rival, moi boas sensacións.

Cada semana o equipo empeza a entender en que consiste adestrar e cada fin de semana empezamos a descubrir en que consiste competir e que necesitamos facer para sobrevivir nunha pista de baloncesto.

Tremendo esforzo por parte dos nosos ante un equipo infinitamente superior fisicamente pero non en ganas, actividade, esforzo e concentración.

Típico partido que non consegues meter mais canastras que o rival e dásche conta, non só o adestrador, senón tamén os xogadores, a pouca importancia que nestas idades ten meter mais canastras que o rival. Este partido fíxonos aprender que bote debemos usar, que tipo de pase, que tiro, que defensa, que actitude debemos mostrar para dar unha gran imaxe como equipo e acabar con moi boas sensacións de que estamos a traballar ben.

Dar o parabén a estes pequenos xogadores que cada día demostran que van polo caminito.

Basquet Coruña06 28: Hugo, Mario, Diego, Jorge, Óscar, Juan, Mateo, Manu, Victor, David.

Montrove 78

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.