Crónica Básquet Coruña 00 Cadete Masculino: Polo caminiño

Bo partido por parte dos nosos, non só polo resultado, se non polo gran xogo en equipo. Cada un dos xogadores empeza a asumir con moita confianza o seu rol dentro da pista.

Agarrarnos aos nosos básicos defensivos e a confianza na nosa idea de xogo, fainos estar cómodos nos partidos e realizar un bo baloncesto onde cada un sente importante e con moita responsabilidade individual para o éxito colectivo.

Sigamos enchendo o camiño de sementes que deica pouco veremos unha gran colleita.

Parabén polas boas sensacións transmitidas como equipo. A seguir.

Universitario Ferrol 28: Cainzos, A, Vizoso, A; Pol, L; Lage, L; Bustabad, J; Luaces, A; Casal, I; Dorego, L; Martinez, G.

Adestrador: Aboal, R.

Básquet Coruña02 76: Pau, Alberto, Alvaro, Jaime, Pedro, Sergio, Alex, Nico, Pablo.

Adestradores: Carlos Penedo e María Gras.

Árbitros: Perez, S e Tajuelo, I.

Parciais: 8-15, 8-26, 4-20, 8-15.