Crónica Alevín Masculino 04: Vitoria ante Artai

A falta dunha xornada para o fin da fase local da 1ª división, os alevíns do Básquet Coruña enfrontábanse ao Artai co obxectivo de garantir matematicamente a súa presenza na liga Galega, á que acceden o tres primeiros clasificados. O encontro disputouse o domingo ás 12:30 na polideportiva do Agra II fronte a un conxunto carballés que aliñou a 7 xogadores.

Empezou o encontro cos de bergantiños superando no un contra un, e os coruñeses errando os seus primeiros lanzamentos, pero pronto melloraron en defensa os laranxas que comezaban a lograr canastras fáciles e marcar as primeiras diferenzas no marcador, continuouse coa mesma tónica no segundo e terceiro período chegando ao descanso con 34 puntos de vantaxe (16 - 50) para os visitantes.

Non lle sentou ben o parón aos herculinos que viron como os colexiais aproveitábanse dos erros defensivos e as perdidas de balón en ataque para recortar distancias. O quinto período volveu ser laranxa e recuperábanse as boas sensacións da primeira parte. Finalizábase o encontro cun último sexto no que o cansazo fixo madeixa en ambos os conxuntos pechando o marcador en 41 a 81 a favor dos coruñeses que se manteñen no segundo posto da clasificación con 5 vitorias en 7 encontros. A próxima xornada mediranse ao Montrove terceiro clasificado.

Artal 41 - Baquet Coruña 04 81 (5-15 / 4-20 / 7-15 / 15-11 / 4-16 / 6-4)

Artai: Penedo M., Couto E., Cancela. G., Rei B., Gonzázlez A., Branco A., Cerviño M.

Básquet Coruña: Xabier, Miguel Suárez, Santiago, Miguel López, Daniel, Mateo, Alejandro, Roberto, Mauro.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.