Crónica Alevín Masc.1ª Div: Disputada vitoria do Alevín fronte ao Calasancias

O Básquet Coruña alevín masculino de 1ª Div recupera a senda da vitoria tras caer, a pasada xornada, fronte ao Rosalía que se mantén á cabeza do grupo cunha vitoria máis que os coruñeses.

Xogábase o derbi entre os dous equipos da cidade que participan na 1ª División, e en disputa o segundo posto da clasificación do grupo, nesta segunda fase.

A igualdade foi a tónica dominante do encontro, con dous conxuntos que entregaron todo na pista para tentar facerse co encontro, aínda que as primeiras vantaxes foron para os laranxas, o segundo período leváronllo os locais que se puñan por diante, 21-17, con todo os visitantes reaccionaban e facíanse co terceiro parcial mantendo a diferenza nun pano (32-35). Tras o descanso manteríase a igualdade, cada canastra dun equipo era respondida polo outro chegando ao último período cun empate a 51 puntos. O sexto e definitivo tempo sería para o Básquet Coruña que cun parcial de 6-15 ao seu favor facíase coa vitoria.

O Básquet Coruña colócase segundo na clasificación con 4 vitorias e unha derrota e nesta xornada visitará a cancha do Viveiro, quinto clasificado.

Calasancias - Básquet Coruña: 57 - 66 (5-7, 16-10, 11-18, 8-6,11-10, 6-15)

Básquet Coruña: Miguel Valín, Anxo Casais, Rubén Catoira, Nicolás, López, Roi Comesaña, Aaron Souto, Mauro Gonta, Xiao Losada, Pablo Pérez, Teo Piñeiro, Román Pérez.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.