Crónica Alevin Masc. 1ª Div : Os alevíns seguen no bo camiño.

Bo e entretido encontro o disputado polos dous primeiros clasificados do grupo na tarde do domingo na polideportiva de Riazor. O Básquet Coruña recibía ao Pio XII Rosalía de Santiago que do mesmo xeito que os herculinos chegaba invicto tras o tres xornadas disputadas nesta segunda fase.

Os laranxas aínda tiñan presente os último encontros contra os santiagueses, no que a vitoria caera a favor dos visitantes por 50 puntos. Pero esta vez a tónica dominante do encontro foi moi diferente predominando a igualdade entre ambos os conxuntos ao longo do encontro, só ao final do cuarto período os santiagueses conseguían abrir brecha cun parcial de 5-0 que lles outorgaba a primeira vantaxe significativa do encontro. Ao comezo do quinto período recortaban diferenza o laranxas pero outro bo parcial final dos visitantes ampliaba a súa vantaxe ata os 12 puntos, diferencia que os coruñeses xa non poderían salvar.

Tras o parón polas festas do Entroido o noso equipo visitará a cancha das Calasancias que chega con tres vitorias e unha derrota na súa marcadora.


Básquet Coruña - Pio XII Rosalía: 71 - 86 (15-14, 10-12, 12-12, 10-15, 7-13, 17-20)

Básquet Coruña: Miguel Valín, Anxo Casais, Rubén Catoira, Nicolás, López, Roi Comesaña, Aarón Souto, Mauro Gonta, Xiao Losada, Pablo Pérez, Teo Piñeiro, Román Pérez.