Crónica 1ª División Senior Masculina: Vitoria no derbi fronte a Culleredo

Partido moi disputado o do pasado domingo na polideportiva de Riazor entre o noso equipo e o CB Culleredo, un dos favoritos, unha tempada máis, para estar arriba. Non fai falta máis que botar unha ollada aos parciais: 23-19, 11-12, 12-11 e 18-17 para un resultado final de 64-59 a favor dos nosos que sumaron así a segunda vitoria noutras tantas xornadas.

A defensa e o xogo colectivo volveron ser os acenos de identidade dos laranxas que levaron o partido ao seu terreo e que, a pesar da súa mocidade, controlaron en todo momento, mesmo nos de maior dificultade nos que podía parecer que novamente os de Culleredo ían volver a vencer na Polideportiva.

Un excelente partido de baloncesto que confirma o bo arranque lixeiro dos nosos e que foi presenciado por numeroso público o cal resulta outra das boas noticias do mesmo.

O vindeiro domingo 6 visitamos Lugo para enfrontarnos ao Estudantes.

Xogaron: MARTÍN BELLO 8, PABLO PIZARRO 14, MARTÍN MONTERO 4, RUBÉN REY 16, MATEO 6, ASIER 9. DIEGO JUSTO 2, IAGO FREIRE 5, ALBERTO, ÓSCAR E DARLYN.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.