Crónica 1ª División Senior Masculina: O traballo dos 40 minutos dá o seu froito

Os nosos afrontaban esta cita con moitas ganas de continuar no máis alto da clasificación e conscientes da importancia de volver conseguir unha nova vitoria fóra. E así foi. Tres de tres a domicilio-Santiago, Lugo e, agora, Cambre-tras un bo partido no que souberon sufrir, moi especialmente nun complicadísimo terceiro cuarto no que todo pareceu porse en contra, para terminar derrotando con autoridade a un bo rival. Moita intensidade defensiva e un ataque que semana a semana móstrase máis fluído e equilibrado foron as armas nas que os laranxas cimentaron a diferenza final no marcador. 60-73 con parciais de 14-19, 10-20, 22-12 e 14-22, o que permite aos nosos manterse na primeira posición compartida co próximo rival en visitar a Polideportiva de Riazor, o CB. Sarria.

O duelo entre os dous primeiros clasificados do grupo norte desta primeira división terá lugar o domingo 27 ás 17 horas.

Cambre 60: José Igrexas, Manu Casteleiro, Dani Quintián, Dresma Freire, Diego Pereira, Marcos Prieto, Sergio Rodriguez, Alex Ocampos, Dani Fernández, Luís Montenegro

Adestrador: Jorge Vazquez

Leyma Básquet Coruña 73: Xogaron e anotaron: Pablo Pizarro 7, Iago, Óscar, Asier 25 e Rubén Rei 9-Equipo Inicial-Martín Montero 8, Martín Belo 19, Diego Xusto 2, Darlyng 3, Jorge, Mateo E Alberto.

Adestradores: Chiqui Barros, Hugo Fernández

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.