Comunicado para os abonados do Club Basquet Coruña S.A.D.

Boas tardes,

Lamentablemente e como todos saben, a pandemia provocada polo COVID-19 supuxo a declaración do estado de alarma con efectos do pasado 14 de marzo, o que supuxo o peche temporal de todas as instalacións deportivas, así como todo aquilo que se detalla no RD 463/2020 de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Como non podía ser doutra maneira, a totalidade das competicións deportivas, tanto amateur como profesionais víronse igualmente interrompidas, e é por isto que a todos os abonados do Club Básquet Coruña da tempada 2019/20 informámoslles do seguinte:

- Que, ante calquera posible escenario distinto á continuación da liga, o Club valoraría todas as alternativas necesarias para poder compensarlles esa continxencia.

Desexándolles o mellor nestes días tan complicados para todos, envíolles un cordial saúdo.

Yago Álvarez.
Xerente Club Básquet Coruña.