Comunicado do Leyma Básquet Coruña

Boas noticias para o baloncesto coruñés. Grazas ao decisivo apoio da empresa LEYMA, esta mañá o Básquet Coruña completou todos os requisitos que lle permitirán participar na liga ADECCO Ouro a próxima tempada. Un ano máis, o  patrocinio de LEYMA permitirá gozar aos afeccionados coruñeses do baloncesto de elite. 

Este feito, unido á recente toma de posesión da nova directiva, encabezada  por Juan Carlos Fernández Ferreiro, asegura a continuidade e desenvolvemento dun proxecto,  iniciado hai máis de 10 anos, que persegue a promoción do baloncesto a través do  traballo coa base (máis de 500 nenos e nenas integran os seus equipos e escolas de categorías inferiores) e da participación en competicións de ámbito nacional. 

 

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.