Comunicado do Club Básquet Coruña

En relación coa decisión adoptada o pasado 19 de xullo de 2016, pola Comisión Delegada da FEB de ampliar a liga LEB Ouro a 18 equipos, o Club Básquet Coruña desexa manifestar a súa posición respecto diso.

Sen entrar a valorar a conveniencia ou non de que a competición teña máis ou menos participantes, está claro que dado o momento e o modo en que se adoptou, esa decisión ten consecuencias negativas de orde deportiva e económica para os clubs LEB.

A FEB ha de adoptar medidas que palíen ditas consecuencias. Así se lle pediu ao seu recentemente elixido presidente, Jorge Garbajosa.