Comezo complicado para un Leyma Coruña atascado en ataque e espeso en defensa. Nos primeiros 5 minutos do primeiro catro tan só un punto conseguiu o equipo de Sergio García, despois dun tiro libre anotado por Mirza Bulic.
A pesar de recortar distancias tras un triplo de Jeff Xavier, uns tiros libres de Sexan Smith e un triplo de Gaizka Maiza, non foron suficientes para frear a un Lleida que chegou con ganas de competir forte desde a primeira xornada en #OFornodeRiazor.
Ao comezo do segundo cuarto, os intentos do equipo coruñés por salvar a situación quedaron niso, intentos. A asociación Chapela ? Feliu ? Cleare fixeron aínda máis dano á indeble defensa coruñesa.
Con todo, tras o descanso, o Leyma Coruña saíu enchufado e si soubo plantar cara ao incesante ataque do Lleida. Un moi activo Sexan Smith xunto cun incansable Thiam, conseguiron achegarse ao Lleida, que seguía ao seu.
No último cuarto, o equipo púxose a tan só 12 puntos do Lleida, pero de pouco serviu, e o Lleida conseguiu gañar por un duro 65-82.