O Club Básquet Coruña quere informar a todos os seus xogadores e xogadoras, así como ás súas familias, do inicio de adestramentos para todas as súas categorías basee. Co mes de setembro volve o baloncesto e a cor laranxa a alagar as pistas da cidade. Os equipos, divididos nas áreas de Rendemento (equipos que adestran catro días), Desenvolvemento Deportivo (equipos que adestran tres días) e Iniciación (minibasket), comezarán de forma provisional nuns horarios que irán variando despois da primeira semana de setembro, a medida que se resolva a concesión municipal de instalacións e comecen a funcionar outras en réxime de aluguer. Ata ese momento os adestramentos desenvolveranse desta maneira.
RENDEMENTO
Estes equipos xa iniciaron as primeiras sesións e continuarán a semana próxima. A intención do club é facer dous equipos de rendemento por categoría, dos que un deles xogará en 1ª división, formado fundamentalmente por xogadores de segundo ano, e outro xogará en liga local, integrado principalmente por xogadores de primeiro ano. Os xogadores e xogadoras que non foron convocados ata o momento deben acudir á convocatoria xeral de Desenvolvemento Deportivo, e desde ela derivaráselles ao grupo de rendemento.
Júnior Masculino (nacidos en 1998 e 1999):
Luns Pol. Riazor 2 21:00-22:30
Martes Pol. Riazor 2 19:30-21:00
Mércores Pol. Ventorrillo 21:00-22:30
Venres Pol. Riazor 2 18:00-19:30
Cadete Masculino (nados2000 e 2001)
Martes Pol. Ventorrillo 21:00-23:00
Mércores Pol. Agra 2 20:00-22:00
Xoves Pol. Riazor 2 19:30-21:00
Venres Pol. Ventorrillo 19:00-21:00
Infantil Feminino (nadas en 2002 e 2003)
Martes Pol. Sacra Familia 19:00-20:30
Mércores Pol. Ventorrillo 20:00-21:00
Xoves Pol. Sacra Familia 19:00-20:30
Venres Pol. Riazor 2 16:30-18:00
Infantil Masculino (nados 2002 e 2003)
Luns Pol. Ventorrillo 19:00-20:00
Martes Pol. Ventorrillo 19:00-21:00
Xoves A Normal (Maxisterio) 19:30-21:30
Venres Pol. Agra 2 19:30-21:00
DESENVOLVEMENTO DEPORTIVO
Nestes grupos están convocados todos os xogadores e xogadoras do club non convocados para o grupo de rendemento, ademais de ser de portas abertas para todos aqueles que se queiran incorporar. Iranse dividindo en equipos independentes na primeira quincena de setembro, a medida que se dispoña de novas pistas.
Júnior Masculino (nacidos en 1998 e 1999)
Luns Pol. Agra 2 19:00-20:00
Martes A Normal (Maxisterio) 20:30-21:30
Venres INEF Pavillón 1 19:30-21:00
Júnior/cadete Feminino (nadas en 1998, 1999, 2000 e 2001)
Martes Pol. Agra 2 18:00-19:30
Xoves Pol. Agra 2 20:00-21:00
Venres INEF Pavillón 2 19:30-21:00
Cadete Masculino (nacidos en 2000 e 2001)
Luns Pol. Agra 2 18:00-19:00
Mércores Pol. Agra 2 18:00-19:30
Venres INEF Pavillón 2 18:00-19:30
Infantil Masculino (nacidos en 2002 e 2003)
Martes A Normal (Maxisterio) 19:30-20:30
Xoves Pol. Riazor 2 18:00-19:30
Venres INEF Pavillón 1 18:00-19:30
INICIACIÓN DEPORTIVA
O comezo destes adestramentos é o mércores día 2. De igual maneira convócase de forma conxunta a nenos e nenas de equipo, de escola e tamén a quen se queiran integrar no club.
Alevín Masculino e Feminino (nacidos en 2004 e 2005)
Luns A Normal (Maxisterio) 18:00-20:00
Mércores A Normal (Maxisterio) 18:00-20:00
Venres Pol. Agra 2 18:00-20:00
Benjamín Masculino e Feminino (nados 2006, 2007 e 2008)
Martes A Normal (Maxisterio) 18:00-20:00
Xoves A Normal (Maxisterio) 18:00-20:00
Venres A Normal (Maxisterio) 18:00-20:00
Baby Basket (nados 2009, 2010 e 2011)
Comezo a semana do 14 de setembro.
Luns A Normal (Maxisterio) 18:20-19:30
Mércores A Normal (Maxisterio) 18:20-19:30
Para máis información contactar co club no teléfono 981264022 ou mediante correo electrónico a club@basquetcoruna.com