Comeza a semana para o Leyma

A vitoria do pasado xoves contra as cociñas.com unido ás derrotas de Melilla e Oviedo, revitalizou as oportunidades dos nosos de alcanzar unha praza polo Play Off de ascenso. Para seguir mantendo estas opcións, é imprescindible gañar o partido do próximo venres en Melilla, xa que unha derrota apartaríanos definitivamente desta posibilidade.

A semana, comezou ademais coa boa noticia da inclusión de Jesús Castro no 5 ideal da xornada que cada semana elabora a FEB. A súa boa actuación no partido contra Cociñas.com, no que anotou 22 puntos mereceu este nomeamento.

No que respecta ao plan de traballo semanal, hoxe entraron en dobre quenda de mañá e tarde, o mesmo sucederá na xornada de mañá para o mércores e o xoves adestrar unicamente de mañá.

 

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.