Coas pilas cargadas

A pesar das circunstancias que nos acompañan desde o pasado mes de marzo, debido ao Covid-19, as nosas categorías basee levan un mes a pleno rendemento. Aplicando protocolos, mantendo distancia de seguridade, buscando novas formas de adestramentos e superando numerosos obstáculos que van aparecendo.

Sen dúbida, todo o esforzo que estamos a pór, tanto desde o propio club como l@s jugador@s e as súas familias, vale a pena vendo imaxes como as deste vídeo, das nosas xogadoras gozando dun adestramento na praia e cumprindo todos os protocolos.

Está claro que as nosas categorías basee tiñan ganas de volver gozar do que máis lles gusta, o baloncesto, e é evidente, que o están facendo.

https://youtu.be/52KU6cJ9RaE