Club Basquet Coruña SAD, suspende os adestramentos das categorías basee, con efecto obrigatorio, desde hoxe mesmo

A Coruña, 12 de marzo de 2020.- O Consello de Administración do Club Básquet Coruña SAD despois de avaliar a evolución dos acontecementos en relación ao Coronavirus (COVID-19) e de coñecer a decisión do goberno da Xunta de Galicia de pechar todos os centros educativos da comunidade galega desde o vindeiro luns día 16 e durante polo menos un período de dúas semanas, estima que o máis conveniente e coherente é proceder á suspensión dos adestramentos das categorías basee desde hoxe mesmo e durante un período de, polo menos, dúas semanas.

O Club seguirá avaliando a evolución dos acontecementos e manterá informados a todos os pais de calquera modificación. Para calquera dúbida pódese contactar co Club nas propias oficinas en horario habitual, no teléfono 981 264 022 e na dirección de correo electrónico club@basquetcoruna.com .

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.