Cinco xogadores laranxas na Xuntanza Premini en Noia

Cinco xogadores do Básquet Coruña (tres xogadoras e dous xogadores) foron citados á Xuntanza Premini que organiza a Federación Galega de Baloncesto o vindeiro domingo 17 de xuño no Pavillón Alonso Rodríguez de Noia.

As xogadoras Irene Díez Álvarez e Clara Pato Souto, e os xogadores Sandro Gontá Gómez e Jorge Dafonte Seoane son os seleccionados para as seleccións premini zonais da Coruña.

Os xogadores están citados na instalación deportiva ás 08.45 e no caso das deportistas femininas ás 10.15 horas. Ambas as concentracións acabarán ás 18.00 horas.

Ademais, a nosa xogadora Marta Novás Ogen foi chamada para a concentración coa Selección Premini Zona do Combinado Galicia 2009, que comezará no mesmo pavillón á 11.45 hora e finalizará ás 20.00 horas.

Os xogadores e xogadores deberán levar roupa deportiva adecuada, unha botella de auga e muda para ducharse no pavillón.

Desde o Básquet Coruña desexamos aos nosos mozos deportistas que gocen dunha xornada de convivencia

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.