Chegan os karts e os batidos saudables ao noso Campus

Xa cumprimos a terceira xornada do Campus Milenium e os nosos batallóns seguen probando novas actividades. Entre elas, hoxe estreámonos no circuíto de Xirakarting recentemente chegado á chaira de Riazor, un privilexio que viviron os batallóns negro e violeta. Os demais non vos preocupedes, que os vermellos, verdes, azuis e negros tamén probaredes a velocidade e a diversión ao mando do voso vehículo de carreiras...en breve!

No verán sempre apetece tomar refrescantes batidos, como os aprendidos hoxe no taller de cociña ao que asistiu o batallón azul. Moitas caras de sorpresa polas curiosas combinacións de froitas e verduras, ideais para hidratarte, nutrirche e limpar o teu corpo de forma natural.

Por suposto, continuaron as rotacións polas diversas actividades xa en marcha nos días anteriores, como os xogos tradicionais galegos, a natación na Casa da Auga, ou o piragüismo na praia de Oza. E sempre, moito e bo baloncesto. Mañá máis!