Celebración do Torneo 3x3 Virxe do Rosario

Hoxe sábado, día 5 de outubro, celebrouse o tradicional Torneo 3x3 Virxe do Rosario organizado polo Club Básquet Coruña coa colaboración do Concello da Coruña, a Sociedade Deportiva da Hípica e a Federación Galega de Baloncesto.

A xornada foi todo un éxito, máis de 150 participantes achegáronse ata as instalacións da SD Hípica para gozar dunha fantástica mañá chea de bo baloncesto.