Carlos Martínez, baixa por unha fractura no quinto metatarsiano do pé dereito

O noso xogador Carlos Martínez sufriu unha fractura da base do quinto metatarsiano do pé dereito no partido contra o Iberojet Palma. Será sometido a un tratamento cirúrxico mediante osteosíntesis este mércores no Hospital Quirón da Coruña. O tempo de baixa para o retorno á actividade deportiva, estímase entre 10 e 12 semanas.

Desde o Leyma Coruña desexámoslle unha pronta recuperación, do mesmo xeito que aos nosos lesionados Larry Abia, Quinton Stephens e Zach Monaghan.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.