Cambio de localización da xornada de mañá martes para adestradores

De cara á sesión formativa que mañá martes día 15 de marzo impartirá Javier Rodríguez dentro do ciclo "E ti como adestras", informámosvos dun cambio de última hora no lugar de celebración. A actividade desenvolverase no Palacio dos Deportes de Riazor, en substitución do punto de encontro habitual e que figura no cartel anunciador, é dicir, a polideportiva de Riazor 2.

O horario mantense segundo o previsto - as 22:30 horas-, e lembrámosvos que a sesión está aberta a todos os adestradores/as da cidade e área metropolitana previa inscrición a través do correo club@basquetcoruna.es e o teléfono o Club, o 981 264 022. 

Os participantes serán recoñecidos pola Federación Galega de Baloncesto con tres horas complementarias de formación, de face a obter a titulación de adestrador.