Búscache nas ?fotos laranxas? da presentación das categorías basee

Fixéronse esperar ... pero valeu a pena o resultado. Desde esta semana xa están publicadas na nosa web as fotografías correspondentes aos xogadores e xogadoras da base do Club que asistiron á presentación oficial que celebramos o pasado 11 de xaneiro no Palacio dos Deportes de Riazor.

Tras o ambiente festivo vivido durante aquela xornada que acabou con partido vitorioso de noso equipo LEB Ouro fronte aos melillenses, publicamos agora as vosas fotos máis laranxas, a nivel individual e por equipos.

Quen estivestes no acto de presentación, buscádevos no apartado "equipos base" da web e facédevos coa vosa foto e a dos vosos compañeiros. Serán un estupendo recordo desta tempada, unha das moitas que esperamos seguir compartindo con todos vós nos próximos anos.

Se esta vez faltaches á presentación das categorías basee, non te perdas a da próxima tempada. Feixe piña co sentimento laranxa!

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.