Branca Fernández e Andrea López, convocadas ao CETI autonómico de abril

Nosas mozas xogadoras Branca Fernández Borrazás e Andrea López Pedreira foron convocadas pola Federación Galega de Baloncesto para participar nunha nova sesión de tecnificación a nivel autonómico, que terá lugar o domingo 17 de abril no Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro da Estrada.

Branca e Andrea forman parte do grupo de xogadoras nadas en 2005 ás que a FGB citou para a súa CETI de abril, ao que tamén está convocado un grupo masculino da mesma idade, así como outro feminino de xogadoras nadas en 2001.

O tres grupos adestrarán baixo as ordes de técnicos da área Deportiva da FGB durante catro intensas horas distribuídas entre a mañá e a tarde, ademais de compartir o tempo de xantar e de merecido receso.

Unha excelente ocasión, por tanto, para mellorar as destrezas deportivas dos nosos xogadores e xogadoras, así como de estreitar lazos de amizade e de afinidade deportiva entre membros de diferentes clubs e cidades galegas.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.