Boas sensacións para o Leyma Coruña no primeiro de pretemporada

Iniciaba o Leyma Coruña o curso o pasado martes día 7, e esta tarde encaraba o seu primeiro encontro de pretemporada ante o FC Porto. Os veciños portugueses chegaban con máis días de adestramentos e varios partidos ás súas costas, pero iso non intimidou ao equipo herculino, que se estreaba ante a súa afección nesta tempada 21/22.

A tarde foi laranxa, diso non hai dúbida. A pesar dun inicio algo lento e trabado, en canto o Leyma colleu intensidade, as boas sensacións axudaron ao equipo a gustarse, e dar todo un recital coral esta tarde ante #OFornodeRiazor.

O público gozou e mostrouse contento co bo facer do equipo. Os aplausos foron protagonistas en gran parte das xogadas do cadro coruñés. As ideas claras do equipo así como a solidez en defensa foron clave para levar o triunfo (83-65) e dominar o encontro durante todo o partido.

A seguinte cita para os laranxas, o vindeiro martes día 21 en #OFornodeRiazor ás 17:30h fronte a Vitoria Guimaraes.

Resultados por cuartos: 17-13/43-25/67-46/83-65.

 

 

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.