Básquet Coruña homenaxeará ao Centro de Menores San José de Calasanz

O Básquet Coruña dedicará a súa homenaxe ?17 partidos, 17 causas? da súa obra social xunto coa Caixa, ao Centro de Menores San José de Calasanz. Esta homenaxe coincide co partido que enfronta a Leyma Coruña e Cáceres Patrimonio da Humanidade este domingo 29 ás 18:00 horas en #OFornodeRiazor.
O centro de menores San José de Calasanz é un centro de protección da Xunta de Galicia, que traballa con menores de entre 3 e 18 anos que se atopan en situación de desprotección social, debido a diversas problemáticas familiares.

Desde o centro leva a cabo unha intervención integral, co obxectivo de axudar a que estes nenos e nenas, mozos e mozas, poidan ter, durante o tempo que residan no centro, todas as súas necesidades cubertas e unha vida o máis normalizada posible.

Traballan, ademais, na adquisición de hábitos da vida diaria, habilidades sociais, hábitos saudables? e promoven o gozar do tempo libre dunha maneira sa. En definitiva, interveñen en diversas áreas da vida deses menores: familias, social, persoal, de lecer... co obxectivo de favorecer a súa integración na sociedade.

Un labor que desde o Básquet Coruña queremos destacar e recoñecer con esta homenaxe.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.