Auga e rocódromo no Campus Milenium

Dos 17 grupos mixtos, o de hoxe, "os azuis", con nenos e nenas nacidos entre 2007/2009, acabaron a súa xornada en Cásaa da auga Termaria realizando diferentes actividades acuáticas.

Ao mando están Carlos Penedo, Gabriel Fernández, Laura Pérez e Laura Criado, monitores e auxiliares que repiten encantados a experiencia do Campus. Todos colaboraron en edicións anteriores e participaron tamén na súa etapa de nenos cando pertencían a categorías inferiores. Coméntannos que para eles é unha experiencia persoal moi enriquecedora ademais de que a combinación de diferentes deportes xunto co baloncesto ten un valor engadido para os participantes e axúdalles a enganchar coa filosofía do club.

Esta tarde na piscina puideron gozar de xogos en grupo na auga e de natación libre. Laura e Javier, de 9 anos, achéganse a comentar todo o que fixeron durante o día e fálannos do Rocódromo desta mesma mañá. Javier está ansioso por que chegue a excursión ao Aquapark de Cerceda e Laura repetiría a experiencia da escalada.

Despois das duchas, nas filas, conversacións sobre os favoritos do primeiro equipo, soan todos: Olmos, Creus , Rowley... e comparten opinións. Hai canteira! 

Acaban a tarde reuníndose co resto de grupos para merendar, sen esquecer facer antes unha boa foto de familia do noso batallón azul!

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.