A Coruña 10 de Agosto de 2021. O Basquet Coruña SAD anuncia a incorporación do pivot Atoumane Diagné (215cm, 1998) ao persoal do Leyma para a tempada 2021-22. O xogador incorpórase tras un ano en branco debido a unha lesión antes de iniciar a tempada pasada e posteriormente as restricións do COVID que lle dificultaban saír do seu país coa tempada xa iniciada.
Atoumane Diagné é un xogador senegalés (Dakar, Senegal, 1998), que desde moi novo atraeu o interese de observadores polas súas condicións físicas que lle trouxeron ao noso país, e polo que ocupa praza de Xogador de Formación a efectos da Competición. En idade cadete e tras chegar a España da man do CB Unleco (Tenerife), fué captado polo FC Barcelona onde empezou a queimar etapas ata chegar ao baloncesto profesional. En 2013/2014 gana co Barcelona o campionato de España cadete. Ao ano seguinte, con só 16 anos debuta en Leb Prata, e con 17 anos alterna o equipo junior do Barcelona, co que se proclamaría campión de España Junior, co equipo Leb Ouro. As seguintes 3 tempadas (2016/17 a 2018/19), xa é membro do equipo Leb Ouro do Barcelona, onde ano a ano vai mellorando as súas prestacións e debuta en ACB con só 18 anos. A súa última tempada co Barcelona en Leb Ouro, disputa 34 partidos cunha media de 6,9 puntos, 6,4 rebotes e 1,7 tapóns en 21,1 minutos de xogo. Na tempada 2019/20 incorpórase como cedido ao CSP Limoges, da primeira división francesa, onde xoga 26 partidos (19 de liga e 7 de Eurocap) ata o parón ocasionado polo Covid, promediando 3,7 puntos, 3,4 rebotes e 0,7 tapóns en 10 minutos de xogo. Tras desvincularse do Barcelona ao termo desa tempada, unha lesión impídelle asinar contrato na tempada 2020/21 e tras recuperarse no seu país, o impacto do COVID no inverno dificúltalle saír do seu país para incorporarse a algún equipo.
Diagné é un xogador con gran proxección e con experiencia no baloncesto profesional a pesar da súa mocidade, que destaca por un físico impoñente cos seus 2,15m de altura e a súa gran envergadura. Esas condicións físicas utilízaas en zona defensiva para apoderarse de moitos rebotes e facerse grande na zona, na que a súa boa velocidade de desprazamento permítelle chegar ás penetracións a canastra dos seus rivais para pechar o aro e taponar os seus tiros. En ataque ademais de capturar moitos rebotes grazas á súa altura e envergadura, tamén é un bo xogador de Pick & Roll, cun bo xogo no poste baixo e gran finalizador nas proximidades do aro e terminando moitas das súas xogadas en mate.
Desde o Básquet Coruña S.A.D. queremos trasladarlle ao xogador a nosa satisfacción pola súa incorporación ao persoal do Leyma e desexamos que o noso club supoña un paso importante na súa carreira deportiva, paso que servirá para que o Leyma poida pelexar polas posicións de honra da Leb Ouro. Querémoslle desexar moita sorte e unha feliz estancia na cidade e no equipo, e que cada partido en #OFornoDeRiazor convértase nun gran espectáculo que afección e xogadores gozar xuntos.