Arrinca unha nova edición do Campus de Semana Santa do Básquet Coruña

O Campus de Semana Santa do Básquet Coruña celebrará este ano o luns 26 , martes 27, mércores 28 e 2 luns de abril unha nova edición con dúas modalidades: Obradoiro de Iniciación e Campus Leb Ouro.

O Obradoiro de Iniciación está orientado a nenos e nenas de 5 a 16 anos, nacidos entre 2002 e 2012. Unha forma de iniciarse nas nocións basicas do baloncesto dunha forma lúdico-educativa e recorrendo aos xogos. Desenvolverase en horario de mañá de 09.00 a 14.00 horas, no propio centro escolar (os centros que o solicitaron) e na Polideportiva da Normal (antigo Maxisterio). Haberá diferentes opcións: no caso de 4 días a contía será de 45 euros, 40 euros no caso de que sexan tres días (cun 10 % de desconto para o segundo irmán). Así mesmo, se a actividade desenvólvese no propio centro educativo as inscricións terán un desconto de 10 euros nas dúas modalidades.

O Campus Leb Ouro será para nenos e nenas de 10 a 17 anos, nacidos entre 2000 e 2007. O obxectivo é perfeccionar as habilidades técnicas do baloncesto. Esta actividade terá como sede a Polideportiva do Agra II e o Calvo Sotelo. Para aqueles participantes que queiran acudir catro días o abono será de 70 euros (60 para xogadores do club ou escolas vinculadas), 55 para os que queiran acudir o tres días (50 para participantes de escolas vinculadas ou xogadores do club laranxa). Así mesmo, haberá unha bonificación do 10 % a partir do segundo irmán.

Todos os participantes recibirán como lembro unha camiseta conmemorativa. O prazo de inscricións xa está aberto e manterase ata o 30 de marzo. Os interesados poderán anotarse tanto de forma presencial entregando o formulario de inscrición nas oficinas do club en Arquitecto Rei Pedreira 3 baixo como de forma en liña no apartado de ?Actividades? da web do Básquet Coruña.

Esperámosvos!

Ligazón ás inscricións