A undécima edición do Teresa Herrera de Minibásket comeza mañá coa disputa dos primeiros partidos dos que sairán as cruces de semifinais do torneo. Estes choques disputaranse nas polideportivas 1 e 2 de Riazor, o Agra 2 e a este ano sumaráselle a Normal (antigo Maxisterio).
Os equipos, un total de 24 (o mesmo número de masculinos que de femininos), están divididos en seis grupos, cada un integrado por catro escuadras que xogarán un formato de liga a unha volta. Os primeiros de cada grupo e o mellor segundo (obtido por unha liguiña previa entre o catro segundos) disputarán as semifinais, mentres que o terceiro e o cuarto xogarán por clasificarse entre os postos que van do sétimo ao duodécimo, tamén a diario de liguiña entre o tres terceiros e o tres cuartos.
Os partidos desenvolveranse de forma simultánea no catro instalacións. Na xornada matinal de mañá se diputarán tres: ás 10.00 horas ás 11.30 e ás 13.00 horas. Mentres, pola tarde aos duelos serán ás 15, 16.30, 18 e 19.30 horas.
Esperámosvos para gozar dun dos torneos referencia do noroeste do país que este ano celebra a súa undécima edición: o Teresa Herrera de Minibásket.