Arrinca a pretemporada laranxa

A Coruña, 9 de Setembro de 2021.

Inicio do curso para o Leyma Coruña que o martes volveu aos adestramentos cun renovado persoal. Tras realizar os pertinentes recoñecementos médicos no centro Quirón Saúde A Coruña, os xogadores están ás ordes de Sergio García para exercitarse e chegar nas mellores condicións ao primeiro encontro da tempada 2021/2022, que será o fin de semana do 8 de outubro ante Cáceres Basket en terras estremeñas.

Antes dese partido, o conxunto coruñés terá varias citas de pretemporada. A primeira delas, o vindeiro xoves 16, ás 18h en #OFornodeRiazor, fronte a FC Porto. As entradas para este encontro xa están á venda (Adultos: 3? / Menores de 18 anos: 1?) na nosa web ou na seguinte ligazón: https://venda.basquetcoruna.t2v.com/index/index En caso de convivientes, poderán adquirilas de forma presencial na nosa oficina en horario de 10 a 14h.

Ademais das coñecidas fichaxes e renovacións, o Leyma Coruña contará con Jorge García Barreiro (2002), xogador formado na canteira laranxa, que apoiará ao primeiro persoal herculino durante a tempada.

Así mesmo, do mesmo xeito que Jorge, outro cinco xogadores da nosa canteira únense aos adestramentos durante a pretemporada do primeiro equipo, para poder axudar o conxunto coruñés na súa preparación e que lles servirá de experiencia para tomar contacto co ritmo de adestramentos e dinámicas do equipo profesional. Estes xogadores son:

- Santi Martínez (2004 - Junior): Xogador do noso equipo junior masculino de 1ª División que, tras realizar un longo periplo polas nosas categorías basee, gañouse a oportunidade de realizar a pretemporada co noso primeiro equipo.

- Juan Veiguela, Raul Vázquez e Sergio Vázquez (2003 - Senior 1º Ano): Tres dos mozos senior de primeiro ano que, despois de conseguir o ascenso a primeira división junior masculina durante a tempada pasada e estar na dinámica do noso equipo vinculado de Liga EBA, participan na pretemporada do noso primeiro equipo LEB. Tres mozos que pasaron por todas as categorías formativas do noso Club.

- Samuel Smith (2000 - Senior 4º Ano): Xogador vinculado ao noso Club desde hai moitas tempadas que, tras un breve parón competitivo, volve formar parte do noso Club penetrándose na dinámica de pretemporada do noso primeiro equipo.

- Juan Manuel do Campo (2000 - Senior 2º Ano): Xogador do noso equipo senior de Segunda división autonómica o cal, tras callar unha magnífica tempada 2020-2021, entra na dinámica do noso Leb Ouro durante esta pretemporada.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.