Aranzana quere sumar co Leyma Coruña a 5ª vitoria ante Chocolates Trapa Palencia, un equipo "construído para ascender"

O Leyma Coruña enfróntase aos Chocolates Trapa Palencia, oitavo na táboa cunha vitoria menos que os coruñeses, que acumulan catro triunfos consecutivos. Unha escuadra, en palabras de Gustavo Aranzana "construída par ascender" pero que non empezou con bo pé.

"Tiveron un cambio de mentalidade e será complicado. Custoulles arrincar, pero agora están mellor e para min somos parellos en xogo e estatísticas", resume Aranzana sobre o seu rival, que leva cinco vitorias seguidas.

Sobre o seu equipo admitiu que está ben e preparado para o difícil compromiso. "Levamos catro triunfos consecutivos e non temos por que ter dúbidas nunha cancha tan difícil", asevera.

O técnico valisoletano, que recuperou para este choque a Jesse Chuku, que arrastraba molestias nun xeonllo, móstrase ambicioso. "Quedan sete partidos e aspiramos a gañalos todos, pero agora mesmo o que aspiramos a gañar é a Palencia. Quédanos un calendario moi difícil", apunta.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.