Aranzana dá como clave "dominar o rebote en ambos os aros" para imporse ao CB Clavijo

O Leyma Coruña abre hoxe ás 17.30 horas 2018 recibindo ao CB Clavijo no Palacio dos Deportes de Riazor. O conxunto laranxa, que a punto estivo de dar a sorpresa no derbi romano ante os Cafés Candeas Breogán, recibe á escuadra rioxana esporeado polo seu bo facer no Pazo. "Sacamos moitas cousas positivas e o equipo saíu reforzado (do encontro ante o Breogán). A pesar de que non puidemos gañar, os xogadores viron cal o é o camiño para conseguilo", declarou o técnico Gustavo Aranzana.

"Estamos ben e con moitas ganas de conseguir unha vitoria que queremos e necesitamos", indicou o adestrador valisoletano, que contará coa única dúbida de Edu Hernández-Sonseca. O interior terá moi complicado o seu concurso debido a unhas molestias nas costas . "Seguramente non lle forcemos para que poida recuperarse por completo", declarou.

No tocante ao seu rival, incidiu en que "os seus puntos fortes son o traballo defensivo, con moitos cambios, a intensidade e un alto ritmo de xogo que impiden ao rival facerse co control do partido. Ademais ten bos xogadores no un contra un".

Por todo iso, apostilou que será fundamental "o rebote; debemos dominalo en ambos os aros para poder marcar o ritmo do encontro, e tamén será moi importante que non nos xeren despois de perda de balón", resolveu Aranzana.

Ao encontro están convidados todos os participantes do Campus de Nadal e as súas familias. Ao finalizar o partido, realizarase a tradicional foto de familia con todos os nenos e nenas que participaron nesta actividade deportiva e lúdica, que leva anos organizando con gran éxito de participación o club.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.